domingo. 16.01.2022 |
El tiempo
domingo. 16.01.2022
El tiempo

Capón rexeita dimitir e pide perdón nun tenso pleno sobre os paseados

González Capón, a la salida del pleno (Foto: Sebas Senande)
González Capón, a la salida del pleno (Foto: Sebas Senande)

Baralla viviu onte un dos plenos máis acalorados da súa historia. Unha abarrotada casa consistorial acolleu o pleno extraodinario onde o alcalde, Manuel González Capón, rexeitou presentar a dimisión que lle esixiron os dous partidos da oposición, PSOE e BNG, por mor das súas polémicas palabras xustificando as mortes durante a ditadura franquista.

Na sesión, o rexedor reiterou as súas desculpas ademais de recoñecer que as súas palabras foran un erro. «Errar é de humanos e de sabio retificar», asegurou Capón.

RESPONSABILIDADES
O BNG pídelle a Feijóo que actúe

Segundo o BNG, o máximo responsable do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, debe dar explicacións sobre as declaracións de Capón, ademais de forzar «a súa dimisión inmediata a nivel nacional», manifestaron. Pola contra, Feijóo estaría «a amparar» a un cargo público que «ocupa unha posición impropia e totalmente desmerecida».

XENTE AFÍN. O PSOE lamenta a imaxe plenaria

Os socialistas denunciaron que o PP de Baralla «carretou a ducias de pedáneos afíns» ao pleno «para acirrar ó alcalde». Lamentaron, ademais, que se trasladase a imaxe dun concello franquista. 

Consiga AQUÍ a información completa

Capón rexeita dimitir e pide perdón nun tenso pleno sobre os paseados
comentarios