''Cantos deuses hai? Un en Xaviña e outro en Camariñas''

Xogar ao fútbol con sotana | ILUSTRACIÓN: ViniciusXogar ao fútbol con sotana

Á noite, e despois de saír da capela, dirixiámonos, en dúas filas por un patio cuberto ao edificio onde estaban, ademais doutras dependencias, os dormitorios. A estes accedíase por unhas escaleiras, o noso era o mesmo andar do ordinal do curso, o segundo. Aquel traxecto facíase en absoluto silencio, o crego que nos vixiaba andaba atrás e adiante polo medio das dúas filas. Detrás de min ía o meu amigo Vicente Carballido que, seguro de que ninguén nos vía nin nos ouvía, bisboume a máis enigmática frase que nunca escoitei. Díxome baixiño: «O sha repudiou a Soraya». A frase desde o punto de vista da cadea de fonemas e da prosodia, capteina perfectamente. Gravouse na miña memoria nidia e clara, pero non entendín nada do seu significado.

Xavier Docampo / Lugo

Un dos tres compoñentes do tribunal que me estaba a examinar, preguntoume: «De onde es?». «Son de Camariñas, señor». «Fermosa terra, vive Deus! A propósito, en Camariñas hai Deus?» Eu, neses intres, veume ao recordo -cousas do sentido-, non só o Deus Todopoderoso, noso Señor, se non que lembreime, tamén, do Dios de Xaviña, e respondín: «Si, mais, non vive no noso pobo». «Como?», exclamou de seguido aquel velliño de sotana negra calada ata a mesma cota do pescozo. «Que Deus non vive en Camariñas?». «Non señor, vive en Xaviña». «Entón, en Camariñas non hai Deus?». «Si, señor, o que está no ceo, si». «Mais, entón, _ -proseguiu- cantos deuses hai?». «Un en Xaviña e outro en Camariñas», respondín, todo cheo de razón.

Antonio Puertas / Mondoñedo

Cuando alcancé los diez años de edad, los maestros de mi pueblo advirtieron a mis padres de la conveniencia de que continuase con mis estudios, ya que, según afirmaban, reunía las condiciones y dotes necesarias para ello y porque eran conocedores de que la alternativa a mi futuro académico serían unos años de labranza, quizás el aprendizaje de algún oficio y, en cualquier caso, la emigración. Pero tal pretensión chocaba con la escasez de recursos, además de que a mis otros hermanos también les asistía todo el derecho a recibir la ayuda que precisaban, tanto o más que yo. La solución vino de la mano del cura párroco del pueblo, don Manuel. Me presentaría a un examen para obtener una beca e ingresaría en el Seminario de Lugo para seguir estudios de Humanidades ¿Por qué en el de Lugo y no en el de Santiago? Mi parroquia pertenecía administrativamente al arciprestazgo de Trasdeza, de la diócesis de Lugo, así que el párroco, celoso de su feudo, lo tenía claro: estudiaría en Lugo, aunque esta ciudad se encontrase a más de cien kilómetros de mi casa y no en Santiago, que distaba solo unos pocos.

Pepe Espiño / Lugo

Eu era o quinto de dez irmáns e meus pais decidiron ingresarme no Seminario para manter a tradición de ter un crego na familia. Dos anos de estudante teño moi bos recordos, xa que era moi aprezado polos profesores e compañeiros.

Xosé Rodríguez López / Pousada / San Martiño de Mariz / Chantada

Había dous tipos de seminaristas: os que viñan das vilas como Ribadeo, Viveiro, Foz, etc., e os que viñan da montaña. Fago esta diferencia porque era moi distinta a forma de tratar as cousas duns e doutros e que non impedía que todos nos levásemos ben.

Xosé Trapero Pardo / Mondoñedo

Marchei no ano 75 para o Seminario de Mondoñedo; meus pais permitironme ir polo bo ambiente académico que había alí, e porque eu decía que quería ser cura, aínda que eles non o crían moito.

Carlos Miranda Trevín / A Pontenova

Tengo viva en la memoria aquella mañana del 31 de enero de 1963 en el que en un Lugo nevado, ayudé a bajar sobre mis hombros el ataúd con sus restos mortales. Don José (Fernández Núñez) había sido mi segundo padre. Vivía a muy pocos metros de mi casa. Procedía, como mis padres, de la Terra Chá. Cuando quise ingresar en el Seminario, en los años cincuenta con apenas diez años, él lo hizo posible con una beca de la parroquia. Desde entonces fui a su lado monaguillo, sacristán, seminarista, cantor, maestro de ceremonias y mil cosas más en las dos Iglesias, una entre murallas y otra, a medio construir, en el Lugo del futuro.

Manuel Lombao / Lugo

Na casa non me fixeron moito caso, pero un día meu pai falou con don Justo de Vilameá, e a cousa comenzou a complicarse... tiña que ir a Mondoñedo, que polo visto era a diocese que correspondía. Fixera primeiro de bacharel, aprobado en Lugo, e dei por feito que me aprobarían o curso tamen en Mondoñedo. Pero non foi así... Topei cun señor que non lle gustou o meu coñecemento de latín -bastante bo, por certo-, así que aproboume ingreso, só faltaba, e suspendeume primeiro.

Eugenio Núñez Ríos / A Pontenova

Los seminaristas no podíamos salir así como así; lo hacíamos solo cuando nos sacaban en manada los jueves y los domingos para ir al Parque, al monte o a A Tolda. Pero, ya digo, no había demasiado buen ambiente para la juventud. Los únicos bailoteos que se conocían eran los de las fiestas, de San Froilán o de los pueblos.

Fernando Ónega / Lugo

Unha das preguntas para o ingreso no Seminario foi cantos botóns tiñan as sotanas dos cregos. A min pareceume unha burla e contestei: «Segundo sexa o crego». «Como, pero logo as sotanas non teñen o mesmo numero de botóns?», replicoume Anxo Guerra. E eu contesteille: «Non, porque vostede é un cura pequeno e ese que está alí é un grande». Aos cregos pareceulles mal a saída daquel rapaz que falaba galego, pero axudoume meu primo que estaba alí no seminario e que foi o crego do Sagrado Corazón. E alí estiven ata que me botaron.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Nunca sentín a tentación do Seminario. Meu irmán pequeno, si, pero eu, non. E iso que don Francisco Fanego, un gran latinista e íntimo amigo meu e de meus irmáns, quería que estudásemos latín con el. A súa cátedra estaba nos baixos do Seminario, xusto onde nos días de mercado poñían os feixes de palla e as aguilladas. Pasabamos por alí e pronto se oía a voz de don Francisco recitando en latín. Todo isto, moi clásico e virxiliano, mesturado coa fala en galego. Don Francisco era colosal.

Álvaro Cunqueiro / Mondoñedo

Estiven no seminario cinco anos. Para min o peor era que ingresabamos os primeros días de outubro e non volviamos a casa ata xuño. Había vacacións de Nadal e de Semana Santa, pero estabamos no Seminario. No Nadal recordo que dous ou tres anos nos mandaron para casa porque había epidemia de gripe, outro ano de sarampelo e outro, de papeiras. De xeito que pechaba o centro.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Os que nos atopabamos en situación máis precaria que as arcas da Seguridade Social nestes momentos (1957) abalanzámonos riba dos superiores. A miña vítima foi don Xesús. Tiven a sorte de ser o primeiro en conseguir cen pesetas para a viaxe, sen ningún tipo de aval financieiro. Pareceume oír, non obstante, que o que viña detrás miña non tivo a mesma sorte, pois o prestatario, alarmado pola avalancha de pemes (pequenos e medianos seminaristas) que se lle viña enriba, dixo solemnemente: «Síntoo, pero eu non son o Banco de España».

Pedro J. Rovira Magariños / Lugo

SEMINARIO

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios