A canceira de Sarria disporá de 29 caniles e custará 240.000 euros

As instalacións estarán en O Mazadoiro e terán dependencias para gatos. O concelleiro de medio ambiente cre que os gastos de mantemento son "asumibles" entre varios concellos
La perrera provisional se encuentra en las instalaciones de la escuela taller de la Rúa do Porvir
photo_camera La perrera provisional se encuentra en las instalaciones de la escuela taller de la Rúa do Porvir

A futura canceira de Sarria, que se situará no Mazadoiro, disporá de 29 caniles e catro dependencias para gatos. Segundo o proxecto, as obras teñen un custo de 244.000 euros.

As instalacións ocuparán unha superficie de 2.300 metros cadrados e estarán a 100 metros da edificación residencial máis próxima. Estas substituirán á canceira provisional da Rúa do Porvir, a cal xera numerosas queixas de veciños polos ruídos.

O novo refuxio terá cinco construcións. O edificio principal albergará unha recepción e oficina, unha consulta veterinaria, unha sala de intervención, almacéns e dous espazos para gatos. A segunda construción albergará catro dependencias de illamento para cans enfermos contaxiosos, mentres que na terceira situaranse catro caniles e dúas gateiras de illamento para corentena. Na cuarta edificación haberá unha ducia de caniles para aloxamento. Para rematar, proxéctanse outros nove caniles de illamento para cachorros, cans perigos e animais enfermos non contaxiosos.

O número de animais que se albergará no refuxio irá en función das súas necesidades e a súa compatibilidade con outros

Contempla tamén 1.900 metros cadrados para zonas de esparexemento e unha explanada.

O concelleiro de medio ambiente, José Manuel López, confía en que se poidan iniciar pronto as obras e asegura que os gastos de mantemento das instalacións son "asumibles" por varios concellos, pois prevése que dea servizo a toda a comarca. No caso de que o custo fose moi alto "hai compromiso da Deputación de que axudará". Esta administración xa aprobou dedicar 100.000 euros á construción do refuxio.

O número de animais que se albergará irá en función das súas necesidades e da súa compatibilidade con outros, sinalaron desde a asociación Huellas de Sarria, que se encargará do novo refuxio. "Non imos ter superávit. Primaremos que teñan unha calidade de vida aconsellable. Será unha protectora, non unha perreira", apuntou o colectivo, que indicou que non sacrificarán aos animais.

Esta entidade conta con huchas para recadar fondos para os cans en varios negocios de Sarria, dous das cales foron subtraídas nas últimas semanas.


Comentarios