A Supercopa decidirase o 3 de setembro en Vista Alegre

Novos cambios no calendario de Segunda División B de fútbol sala

A marcha do Guadalaxara ao grupo 2 deixa ao Onde Sempre Xove FS nun grupo con 14 equipos e debutará na cancha de Boal
Pardeiro seguirá al frente del Onde Sempre Xove FS
photo_camera Pardeiro seguirá al frente del Onde Sempre Xove FS

A Real Federación Española de Fútbol comunicou este mércores aos clubs de Segunda División B de fútbol sala que hai modificacións no seu calendario que afectan ao Xove FS. No grupo 2, en principio, había 17 equipos, pero tras a renuncia do Club Abrosala e do CD Fuenmayor e a efectos de manter clubs pares, pasaron ao Guadalaxara a este grupo, que anteriormente estaba no grupo 1.

O grupo 1, onde milita en Onde Sempre Xove FS, constará de 14 equipos, e deste xeito evítanse ter que ir a Guadalaxara e tamén que un equipo tivese que descansar cada xornada. A liga comezará o fin de semana do 1 de outubro e finalizará o 20 de maio. Haberá descansos os fins de semana do 7 e 21 de xaneiro, 18 de marzo, 22 de abril e 6 de maio.


O dato.
Inicio: O Xove FS xogará 26 xornadas de Liga e comezará a competición o 1 de outubro 

A clave. Continuidade: Segue a base do equipo, con Pardeiro á fronte, Nete, Antón Couto e Manu Jiménez


O novo calendario, ademais, deixou un caramelo para o conxunto xovense na primeira xornada, xa que xogará na cancha do FS Boal Belleza. Ten tinguiduras curiosas este encontro xa que se enfrontarán ao rival máis próximo xeograficamente, na veciña Asturias, xunto co Esteo, que é das Pontes, nun equipo que adestra o exjugador do Burela FS Juanma Marrube, un histórico deste deporte na Mariña.

O primeiro rival que pasará polo Municipal de Xove será o Pizarras Los Tres Cuñados, do Barco de Valdeorras. E a última xornada, o Onde Sempre Xove FS pechara na cancha do Leis de Pontevedra, un equipo sempre moi complicado. O último partido que xoga en casa o conxunto xovense será fronte ao FS San José, o 13 de maio.

Dos 14 equipos que disputan a liga, seis son galegos, sete casteláns e o Boal, asturiano. Co cambio de calendario, o conxunto mariñán ha decidido cambiar as datas de inicio da pretemporada. En principio ía empezar o pasado martes pero finalmente comezará o 24 de agosto, o vindeiro mércores, xa que a liga atrasou nunha semana o inicio da competición.

Respecto do persoal, a base é a mesma da tempada pasada. Por segunda campaña consecutiva, Javier Pardeiro seguirá aos mandos da nave verde, que intentará, polo menos, igualar o conseguido a tempada pasada, onde fixeron un gran traballo e foron de máis a menos.

No entanto hai algunhas baixas significativas, como as de Antón González, que fichou polo Candelaria, Turero, Solloso, que o deixa por motivos laborais e a dúbida, de Bruno de Nois, que deixou o equipo a metade da tempada pasada por motivos persoais. Pero seguen a base do equipo, como Antón Couto, Manu Jiménez e Pulido.

Comentarios