Calcinados en Viladonga un vehículo e o alpendre no que se atopaba

Un incendio orixinado inicialmente nun vehículo que se atopaba gardado nun alpendre dunha vivenda na parroquia de Viladonga, en Castro de Rei, obrigou a intervir onte aos bombeiros do parque comarcal de Vilalba. Aínda así, a voracidade das chamas provocou que tanto o turismo como o teito do inmoble, de madeira, quedasen totalmente calcinados.

Os feitos ocorreron minutos logo das 17.00 horas e a posible orixe dos mesmos podería ser un curtocircuíto no coche, aínda que as causas non chegaron a confirmarse oficialmente.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios