Cervantes: Unha moza sufre un traumatismo craneoencefálico ao caer dun prado a unha vía

A caída dunha rama sobre un coche causa un accidente mortal en Melide

O home tiña 75 anos e viaxaba coa súa muller, ambos eran veciños de Antas de Ulla,
Rama que cayó sobre el vehículo en Melide
photo_camera Rama que cayó sobre el vehículo en Melide

Un veciño de Antas de Ulla, J.B.F. de 75 anos de idade, faleceu este venres nun accidente de circulación causado pola caída dunha rama dunha árbore sobre o seu coche, cando viaxaba por unha estrada de Melide. 

O falecido ía nun turismo coa súa muller, D.P.B., de 73 anos, pola estrada AC-840, en dirección a Agolada. Pouco despois do campo de fútbol, desprendeuse unha rama dun eucalipto sobre a estrada, impactou directamente sobre o vehículo e esmagoulle a parte dianteira, provocándolle ao condutor a morte ao instante. 

Tras o impacto, o coche avanzou sen control uns 200 metros, primeiro pola beiravía, amparado pola varanda da estrada, e cando este se acabou, saíuse da vía e parou contra unha árbore. 

A muller que viaxaba de acompañante non sufriu danos de consideración, pois o golpe da rama concentrouse na parte do condutor e cando o coche se saíu da vía xa perdera velocidade e o impacto foi leve. 

Efectivos de Protección Civil de Melide, Policía Local, bombeiros de Arzúa e persoal sanitario auxiliaron aos accidentados e traballaron para despexar a estrada. O labor foi complicada porque tiveron que retirar a rama que causou o accidente, de grandes dimensións e que se atravesou na vía. 

SARRIA. Dúas persoas, veciñas do Páramo e Becerreá, recibiron asistencia médica tras unha colisión de vehículos rexistrada este venres, sobre as 18.30 horas, na estrada de Sarria a Becerreá, cerca do polígono do Morelle. Un dos vehículos incorporábase á estrada e chocou con outro que circulaba pola vía, resultando ambos con cuantiosos danos materiais.

Comentarios