Caamaño descarta aumentar as condenas aos autores dos incendios

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, asegurou este venres que o problema dos incendios forestais "non se arranxa subindo as penas", que castigan aos autores dos lumes intencionados con condenas de 10 a 20 anos de prisión.

Caamaño sinalou que a dureza do Código Penal é suficiente", e emprazou ao Goberno galego a pór en marcha "boas políticas forestais, coidados nos montes" para paliar a vaga de incendios que afectan á Comunidade Autónoma, especialmente na provincia de Ourense.

"Cando un fai iso, pode combater os lumes e evitalos", asegurou.

O ministro facía estas declaracións aos xornalistas nas Pontes, unha localidade mineira do interior da Coruña onde desprazouse este venres para pronunciar unha conferencia sobre igualdade en Galicia na Casa Dopeso.

Comentarios