David Bustamante denuncia o reporteiro gráfico ao que agrediu

O cantante admite que perdeu os nervios despois de que o paparazzi "ameazase de morte á súa familia"
Imágenes del enfrentamiento entre David Bustamante y Jordi Martín
photo_camera Imágenes del enfrentamiento entre David Bustamante y Jordi Martín

David Bustamante perdeu os nervios. Tras coñecerse a súa suposta relación cunha bailarina chamada Sandra, o cantante agrediu o reporteiro gráfico Jordi Martín, quen anunciara os romance días atrás. Ademais, o avogado do artista anunciou que denunciará ao empregado de Mediaset por un delito de ameazas e lesións. 

"Íao seguindo e de súpeto parou o coche nunha vía de servizo. Saíu moi exaltado, pegoume unha patada e o primeiro que me dixo é que lle fodín a vida", dixo o paparazzi este luns no programa Socialité.

Horas máis tarde, o reporteiro gráfico de Cazamariposas acudiu ao espazo de Divinity para dar a súa versión dos feitos. "É verdade que teño un pasado polémico, pero eu aquí estou a facer o meu traballo", explicou Jordi Martín, visiblemente afectado. "Son paparazzi, vou buscar unha noticia e teño que facer esas fotos. O personaxe mediático é el, o que se excede é el. Él xa sabe ao que se expón", comentou.

O cantante tamén quixo explicar o sucedido. Para iso, púxose en contacto con María Patiño, que comunicou no seu programa o que Bustamante lle contara. "Asume que se alterou e que lle deu unha patada ao compañeiro. Dime que tivo que aguantar que Jordi ameazase de morte á súa familia", expuxo a xornalista.

Comentarios