Buscan unha cadela que desapareceu en Vilalba hai unha semana

Os donos do circo de Viena, que xa se trasladaron a Outeiro de Rei, piden axuda para localizala
La perra desaparecida en Vilalba
photo_camera La perra desaparecida en Vilalba

Os donos do Circo de Viena, que cambiaron este martes de destino desde Vilalba a Outeiro de Rei, buscan axuda para localizar unha cadela desaparecida na capital chairega hai sete días. "Falamos coa Garda Civil, coa protectora —a asociación Peludiños de Vilalba—, puxemos carteis nos escaparates dos negocios, anuncios por Facebook e falamos con moita xente para que se ven algo nos avisen, pero non sabemos nada", explica Sharon Wunsth, a dona da cadela.

"Ten un ano e está castrada, é escura, case negra, e é mestura, a nai era unha shar pei e o pai un border collie", describía a noite antes de ter que deixar Vilalba.

"Sempre tes a esperanza de que apareza. Non levaba o colar porque acababa de saír do baño. Vive connosco e os nenos quérena moito. é moi doloroso", dicía, á vez que pedía colaboración para atopala. "A Policía, o floco, calquera ten o noso contacto", indicou.

Comentarios