Buscan a un veciño de Poio que desapareceu tras saír a dar un paseo

Trátase de Francisco Rodiño Ucha, de 84 anos ► Falta desde o domingo
Dispositivo de búsqueda para encontrar a Francisco Rodiño Ucha y una imagen del desaparecido
photo_camera Dispositivo de búsqueda para encontrar a Francisco Rodiño Ucha y una imagen del desaparecido

Efectivos da Garda Civil, Protección Civil e veciños de Poio e familiares buscan a un octoxenario de Poio desaparecido este domingo cando daba un paseo nas inmediacións da súa casa, no Muiño, San Xoán. Trátase de Francisco Rodiño Ucha, de 84 anos de idade, ao que a súa familia botou de menos sobre as cinco da tarde do domingo, momento no que adoita volver do seu paseo da tarde para merendar.

Aínda que tiña o costume de saír a pasear, Francisco nunca se afastaba demasiado, polo que, desde o primeiro momento, saltaron todas as alertas ante a súa ausencia.

Inicialmente foron os seus achegados os que o buscaron, pero, ante a falta de resultados, este luns despregouse un dispositivo composto por gardas civís, voluntarios de Protección Civil e familiares no que está a participar tamén un helicóptero que rastrexa os montes do municipio.

Os familiares de Francisco solicitan a colaboración veciñal e piden que se alguén puido velo se poña en contacto coa Benemérita.

Comentarios