Buscan un mozo que provocou un incendio en catro locais de Baiona

Os feitos rexistráronse nun dos barrios históricos da localidade pontevedresa
Uno de los locales afectados por el incendio
photo_camera Uno de los locales afectados por el incendio

A Garda Civil e a Policía Local buscan un mozo que supostamente provocou varios incendios en Baiona. Concretamente, en catro establecementos de hostalería e un domicilio do barrio histórico. Os lumes provocaron danos materiais leves e non chegaron a afectar o interior dos locais.

Segundo informa TVG, os danos máis aparatosos rexistráronse nunha brasería situada na rúa Conde. Na mesma rúa tamén prendeu lume ao toldo doutro local e intentou que se propagase a outra vivenda onde durmía unha familia.

Segundo as primeiras investigacións, trátase dun mozo encapuchado que actúa en solitario. Ao parecer, empregou algún tipo de combustible para propagar as chamas.

Comentarios