Burgos amence sen cidadáns concentrados na rúa por primeira vez desde o venres

A zona do barrio de Gamonal de Burgos obxecto de protestas veciñais desde o pasado venres contra a súa reforma amenceu hoxe, por primeira vez desde o luns, sen cidadáns concentrados na rúa para impedir a continuación das obras.

No lugar permanece a estrutura montada polos veciños, con plásticos e valos de obra, para protexerse da choiva e o vento, na que tamén persisten pancartas con lemas como "Bulevar non" e "Gamonal somos todos".

O novo aspecto que presenta a rúa ao amencer de hoxe, con ausencia de concentrados, é froito do acordo alcanzado onte pola tarde nunha asemblea veciñal dunhas 400 persoas que decidiu cambiar a forma das mobilizacións para garantir a súa continuidade no tempo.

Froito dese acordo, ás 10.00 da mañá está previsto que se celebre unha reunión para conformar varios grupos de traballo, cuxo número e obxectivos aínda non se concretaron e que serán referendados na asemblea convocada de novo para mediodía.

Comentarios