Burela ultima os trámites para fornecer enerxía eléctrica da Vista Alegre

O Concello de Burela xa realizou todos os trámites pertinentes para poder fornecer enerxía eléctrica desde a instalación fotovoltaica do pavillón de Vista Alegre. Agora tan só resta que Begasa indique un punto de evacuación para que o Concello poida beneficiarse deste proceso de venda de electricidade. «A Xunta ven de comunicar oficialmente ó Concello a súa inscripción no rexistro de establecementos industriais de Galicia», explicou o rexedor local José María González Barcia.

Unha vez sinalado o punto de evacuación o proceso en si non será unha venda directa de electricidade a Begasa, senón que «o importe que se produza será detraído das facturas que nós abonados», sinalou González Barcia.

Parque eólico

O rexedor local sinalou tamén que o Concello está a intentar retomar este proxecto. «Non o temos doado porque a Xunta en dúas ocasións solicitoulle ó bipatito o expediente de esta instalación sen recibir resposta, polo que o vexo complicado», explicou Barcia.

Comentarios