Brigadistas forestais evitan que unha casa de Chantada acabe calcinada

A rápida intervención de brigadistas forestais nun incendio declarado ao mediodía de onte nunha vividenda unifamiliar da parroquia chantadina de Mariz, no lugar de Vigo, evitou que o inmoble ardese por completo. Un veciño do pobo decatouse do lume na denominada Casa do Penouzos e alertou tanto ao matrimonio que reside nela como aos servizos de urxencias para sufocar as chamas, orixinadas, presumiblemente, por un curtocircuíto. Nada máis rexistrarse a alerta, acudiron á zona brigadistas forestais que residen nas inmediacións con dúas carrocetas e impediron que alcanzasen á vivenda, onde reside unha familia.

Os danos causados polo lume foron menores do esperado pola inmediatez en actuar, limitándose a perdas en aveños gardados na construción anexa tales como leña, apeiros e parte dunha neveira, pois tamén se usaba como despensa, segundo constatou o parque comarcal de bombeiros de Chantada, cuxa brigada de garda acudiu aos poucos minutos ao lugar. Cando os tres axentes e o cabo chegaron ao lugar do sinistro, o lume estaba extinguido e empregáronse en refrescar a zona, remover rescoldos e asegurarse de que o lateral da vivenda alcanzado polo fume queda seguro, pois algunha chama queimou parte do beirado da cuberta.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios