Besteiro e a plataforma Falemos Claro debaterán sobre a residencia de Guitiriz

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reunirase este venres no Pazo de San Marcos con representantes da plataforma cidadá Falemos Claro de Guitiriz para abordar a situación do proxecto de construción do centro de día e residencia, na Casa da Botica da localidade chairega.

Esta agrupación solicitou entrevistarse cos representantes do ente provincial e do Concello de Guitiriz -as partes que asinaron o convenio para realizar o proxecto- para coñecer a situación real do mesmo.

A Deputación asegura que, de todos os centros para maiores que promove, o de Guitiriz é o único que «leva tres anos bloqueado debido ao rexeitamento do alcalde». Tamén afirma que se están construíndo centros similares en catro concellos e proximamente iniciaranse noutros dous.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios