Besteiro, sobre a decisión de Susana Díaz: ''Probablemente, acertou''

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou hoxe que "probablemente" a presidenta andaluza, Susana Díaz, "acertou" na súa decisión de renunciar a aspirar á secretaría xeral do PSOE no próximo congreso federal.

O líder dos socialistas galegos eloxiou en declaracións aos informadores a esta compañeira, da que dixo ter "a mellor das opinións", e recordou que ser candidato parte dunha decisión persoal, e ela "decidiu que non ía concorrer", algo que hai que respectar.

Díaz pensou que o seu "momento" está en Andalucía e non callaba este paso, "unha decisión que ten que ser totalmente persoal e absolutamente clara por parte do candidato".

Gómez Besteiro apuntou que as primarias igualan os militantes e quen ostentan unha responsabilidade no partido deben saber que "as opinións" acerca de quen se postulen ou non é "irrelevante" porque as que valen son as que se comparten "coa urna". "Non perdo a oportunidade de dicir ao resto dos partidos que tomen exemplo", resaltou, porque o presente pasa por un proceso aberto onde o militante decida, un proceso que se estreou en Galicia, do que el saíu, e que é "moi grande".

Comentarios