Besteiro pide ''celeridade'' no proceso da Pokemon para evitar ''danos colaterais''

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, evitou pronunciarse sobre as últimas imputacións na chamada Operación Pokemon, pero recoñeceu que "a celeridade é importante na Xustiza", entre outras cuestións, para evitar "efectos colaterais".

En declaracións aos medios de comunicación antes de participar nun acto institucional como presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro insistiu en que "unha Xustiza rápida, honestamente, é máis xusta e evita unha serie de efectos colaterais que ninguén desexa".

"Non vou prexulgar en absoluto as actuacións xudiciais", dixo Gómez Besteiro, aínda que recordou que esta causa leva aberta catro anos e a celeridade é importante na Xustiza.

En canto á posición do seu partido, recordou que é importante ter un criterio e "ese criterio mantelo".

"Pode ser da satisfacción de todos ou dalgúns, pero é importante ter un criterio e aplicalo", insistiu, porque "iso é o que está a facer o Partido Socialista".

Comentarios