Besteiro ''non renuncia'' aos 100.000 euros da Xunta para restaurar Piornedo

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, valorou a intención da Xunta de Galicia de asumir a reparación das pallozas do núcleo de Piornedo, no Concello de Cervantes. Esta actuación, valorada en 100.000 euros, estaría enmarcada nun convenio de colaboración en materia turística coa institución provincial. En referencia a esta proposta, Gómez Besteiro afirmou onte que a Deputación «non renunciará» á achega do Goberno autonómico, aínda que matizou que fará unha contraoferta «moi interesante», á que a Xunta «non poderá dicir que non».

O presidente da Deputación insistiu en que non quere que a actuación se cinga «só ás pallozas» e engadiu que a institución provincial proporá un convenio con contido «máis amplo», no que se incluirá o saneamento e a iluminación pública de todo o núcleo.

RAQUEL ARIAS
«Espero unha proposta concreta e correcta»

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, considera positivas as declaracións realizadas onte polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, para colaborar na rehabilitación das pallozas, aínda que espera que materialice a súa contraoferta «de xeito concreto e correcto». 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios