Begasa inviste 2,8 millóns para mellorar a subministración eléctrica na cidade de Lugo

A compañía eléctrica Begasa, participada maioritariamente por E.ON, investiu 2,8 millóns de euros para mellorar a subministración eléctrica na cidade de Lugo Por unha banda, mellorouse "a capacidade de subministración do sur da capital", segundo fontes da empresa, e, por outra, a "do crecente polígono das Gándaras". Para iso, instaláronse máis de sete quilómetros de conducións eléctricas subterráneas na cidade.

Esas melloras, que entrarán en funcionamento entre maio e xuño, farán que a cidade de Lugo reciba subministración eléctrica a través de tres subestacións eléctricas, situadas no polígono do Ceao, na zona de Lamas de Prado e no lugar de San Cibrao.

Nos últimos cinco anos, a compañía investiu máis de cen millóns de euros para mellorar a súa rede de distribución na metade norte da provincia de Lugo, que dá servizo a uns 165.000 clientes.

Comentarios