Barreiros sobe o custo da atención a domicilio ao non ter axuda provincial

Pleno municipal celebrado en Barreiros. (Foto: Héctor Manasé)
photo_camera Pleno municipal celebrado en Barreiros. (Foto: Héctor Manasé)

O goberno municipal barreirense, rexido polo alcalde popular Alfonso Fuente, aprobou onte unha subida dos prezos da ordenanza do Servizo Básico de Axuda non Fogar (Saf), que conta con 24 usuarios e unha vintena de traballadores na actualidade. O rexedor aclarou que tivo que adaptar a norma ao «decreto da Xunta de 2012» e criticou que «a Deputación non achegue nada este ano para mantelo».

Fuente aclara que en virtude do novo decreto autonómico, «aprobouse que as deputacións tiñan que colaborar cos concellos de menos de 20.000 habitantes para manter o servizo, pero a de Lugo non coopera con Barreiros», denuncia e expón que o ente provincial «deixou o ano pasado de financiar o 84% do Saf». O rexedor critica que en cambio «si que axuda a outros municipios, como o de Pobra de Brollón onde goberna o BNG e onde reciben 598 euros por usuarios ao ano, algo que contrasta cos 5 euros por persoa que dá no Carballedo onde goberna o PP», di.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios