miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Barreiro pide aos concellos que apliquen plans de igualdade

Barreiro, con López Abella, López Besteiro y ediles populares de la provincia. (Foto: Sebas Senande)
Barreiro, con López Abella, López Besteiro y ediles populares de la provincia. (Foto: Sebas Senande)

O presidente do PP lucense, José Manuel Barreiro, considera imprescindible que, nestes momentos de crise, os concellos apliquen plans de igualdade e outras medidas que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar. En concreto, fixo referencia ao apoio ás asociacións ou os bancos de tempo.

Acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e da vicesecretaria de relacións coa sociedade, Manuela López Besteiro, o presidente provincial reuniuse onte en Lugo con concelleiros populares da área de igualdade. Trátase dunha das reunións periódicas que os responsables populares están a manter con diversos colectivos para coñecer de primeira man as necesidades reais da sociedade.

Barreiro subliñou que, en materia de conciliación e igualdade, «a colaboración autonómica é fundamental». Neste sentido, o presidente do PP lucense fixo referencia aos plans e programas autonómicos, asegurando que se executarán buscando a colaboración nos termos convenientres con cada concello e habilitando as subvencións pertinentes coa transparencia necesaria neste tipo de convocatorias de financiamento público.

Plans municipais

José Manuel Barreiro subliñou, na reunión cos concelleiros de igualdade, que a Xunta ten previsto financiar plans municipais nesta materia e que promoverá a creación de concellarías da muller en todos os municipios.

Na provincia de Lugo moi poucos municipios dispoñen dun plan de igualdade.

Barreiro pide aos concellos que apliquen plans de igualdade
comentarios