Barreda: ''Gústame moito máis Chacón que Rubalcaba''

O secretario xeral dos socialistas de Castela-A Mancha, José María Barreda, dixo hoxe que lle gusta "moito máis " Carme Chacón que Alfredo Pérez Rubalcaba para dirixir o PSOE, aínda que precisou que ambos son bos candidatos.

Barreda manifestou esta preferencia antes de comezar o acto de presentación da candidatura de Carme Chacón á secretaría xeral do PSOE, en Olula del Río (Almería), o pobo natal do pai da ex ministra de Defensa.

Do mesmo xeito que fixo o pasado día 29, cando Rubalcaba presentou a súa candidatura nun acto na UXT en Madrid, Barreda quixo escoitar en persoa as propostas da outra aspirante a liderar o partido.

Pero xa antes de coñecelas sinalou que lle gusta "moito máis" Chacón.

comentarios