Barcia destaca as axudas da Xunta fronte á escaseza da Deputación

O alcalde de Burela, José González Barcia, fixo onte un balance positivo das axudas concedidas pola Xunta, un «elevado grao de colaboración do Goberno de Núñez Feijóo con Burela», que contrasta, segundo o rexedor, coa escasa a achega da Deputación.

Barcia cifra en 688.834 euros os concedidos polo Goberno autonómico «a través de distintas consellerías, fundamentalmente Traballo e Benestar. Se a iso sumamos unha axuda do Grupo de Acción Costeira, a achega ó obradoiro conxunto con Cervo e Xove, a achega dun servizo comarcal coma a Unidade de Atención ó Drogodependente e unha subvención do Agader que se executará no vindeiro ano, o importe total, ata o momento, confirmado ou recibido, sería de 1.125.942 euros, unha cifra respectable sen dúbida», di o alcalde.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios