Barcia afirma que Portos atenuará o impacto das ondas no porto burelense

O alcalde de Burela, José María González Barcia, destacou a importancia da reforma do porto que executará Portos de Galicia porque asegura que contribuirá a atenuar o impacto das ondas no interior da dársena burelense.

Segundo o rexedor, a redución do impacto das ondas tanto en forza como en horas por ano reducirase «considerablemente» con respecto á situación actual «e tamén con respecto ás outras alternativas plantexadas, xa que se combina un martelo en diagonal con prolongación do actual en 20 metros. Alternativa que concitou o consenso de todos os presentes» nunha reunión con directivos con Portos encabezados polo seu presidente, José Juan Durán.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios