domingo. 16.01.2022 |
El tiempo
domingo. 16.01.2022
El tiempo

Barcia afirma que Feijóo cumprirá coa promesa de ampliación do hospital

O candidato á alcaldía de burela polo PP, José María González Barcia, mostrouse moi satisfeito polas declaracións realizadas o pasado venres pola conselleira de Sanidade Pilar Farjas, nas que sinalou que «a ampliación do Hospital da Costa está na axenda da Xunta». Barcia non ten ningunha dúbida de que o presidente do ente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir coa súa promesa de aumentar o cadro de servizos do centro.

O alcaldable popular recordou que na intervención de Farjas xa se anunciase unha serie de melloras para o hospital, como «un mamógrafo dixital, así como o programa de vía rápida de cancro de próstata ou de colon», sinalou Barcia. Neste sentido o candidato do PP quixo recordar que o seu partido xa levaba todas estas propostas no seu programa electoral «e sobre iso é sobre o que traballaremos cóbado con cóbado coa Xunta. Os primeiros pasos xa os anunciou a conselleira e demostran que o presidente da Xunta cumpre con Burela e coa Mariña», explicou José María González Barcia.

Críticas

O candidato popular fixo referencia a todas aquelas críticas recibidas nos últimos anos en materia de sanidade. «Todos aqueles que hai dous anos falaban de que o hospital desaparecía, que se ían os médicos, que xa non operábase de traumatoloxía, como chegou a dicir o alcalde de Burela, deberán explicarlle ós cidadáns por que tentaban enganalos», indicou Barcia.

O alcaldable recordou que a Xunta do bipartito «non fixo ningunha actuación no Hospital».

Barcia afirma que Feijóo cumprirá coa promesa de ampliación do...
comentarios