Barcia aborda con Pastor como afectará o corredor ao concello

Barcia, Pastor y Barreiro, durante su encuentro en Madrid. AMA
photo_camera Barcia, Pastor y Barreiro, durante su encuentro en Madrid. AMA

O alcalde de Burela, José María González Barcia, mantivo un encontro coa ministra de Fomento, Ana Pastor, en Madrid no que, entre outras cuestións, abordaron o xeito en que afectará o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao ao desenvolvemento do municipio. Neste sentido, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que foi aprobado o pasado día 1 contempla o trazado aprobado durante a época de José Blanco á fronte do ministerio e contra o que o Concello alegou no seu momento.

Ata agora, a tramitación segue adiante de acordo a ese trazado e está na fase de declaración do impacto ambiental, aínda que é certo que as últimas declaracións do ministerio neste sentido situaban este viario nun plan de infraestruturas estatal que fixaba como límite de execución para as estradas citadas en 2024.

Consiga AQUÍ a versión completa

Comentarios