Auxilia organiza un mercadillo solidario a partir do luns na Rúa Cardeal

A Asociación de Voluntarios para a Integración Social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física e Enfermos Crónicos (Auxilia) organiza un mercadillo solidario a partir do luns e ata o vindeiro venres no local número 34 da Rúa Cardeal de Monforte.

No mercado poranse adquirir artigos elaborados polos usuarios da agrupación nos talleres de manualidades. Ademais, terá lugar o sorteo dunha mantelería bordada a man. O número premiado coincidirá coas tres últimas cifras do sorteo da Once que se celebre o venres día 5.

A finalidade da iniciativa é mostrar o esforzo e dedicación que os usuarios pon durante todo o ano nas actividades e, paralelamente, integrar ás persoas discapacitadas e aos enfermos de longa duración no ámbito cultural e social.

Comentarios