''Aínda que non vexa, son igual a todos''

Leydi Aldán, durante la lectura del cuento ante los niños de educación primaria del Ceip Monforte. (Foto: X.L.Q.)
photo_camera Leydi Aldán, durante la lectura del cuento ante los niños de educación primaria del Ceip Monforte. (Foto: X.L.Q.)

Leydi Aldán Rodríguez ten 15 anos e é invidente desde que naceu a consecuencia dun desprendemento de retina, pero iso non lle impide estudar e incluso ler contos a outros nenos, tal e como fixo onte por primeira vez ante pequenos de educación primaria do Ceip Monforte ou Colexio Novo, no que comezou os seus estudos. Con axuda dun texto en braille, primeiro apuntou que o conto, sobre as peripecias dun neno que se mordeu a lingua nunha caída, non é seu, pero anunciou que xa ten algúns propios para contar onde se lle demande. Mentres tanto, estuda no IES Río Cabe e está disposta a continuar ata chegar a ser profesora.

Os docentes e alumnos recibírona cos brazos abertos. «Foi unha alumna moi especial e gran exemplo de superación das adversidades, pero sobre todo témoslle moito agarimo pola simpatía e ganas de vivir que desprende», dicía unha profesora.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios