Aumenta a preocupación polo paro e a corrupción

O desemprego segue ocupando o primeiro posto. A maioría dos cidadáns considera que a situación política e económica en España é mala ou moi mala

O paro é a primeira preocupación para o 78,8% dos cidadáns, seguida da corrupción e a fraude, que o é para o 43,7%, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).


No anterior estudo, do pasado mes de xuño, o paro era o principal problema para o 76,8 da poboación, polo que se incrementa, así como o temor ante a corrupción, que preocupaba entón ao 38,8 por cento dos cidadáns.

O actual barómetro, elaborado entre os pasados 1 e 9 de xullo, considera que a situación política é mala para o 36% e moi mala para o 31,1%, en tanto que a situación económica é mala para o 41,2% e regular para o 28,8%.

Tras o paro e a corrupción, os españois seguen considerando un problema todo o relacionado coa economía, que preocupa ao 25% da poboación, catro décimas menos que en xuño.

Baixa un pouco a inquietude ante os políticos e os partidos, ao pasar do 20,7 en xuño a 19,1 no do mes de xullo, mentres que se alza un pouco en sanidade, ata o 11,8% mentres que en xuño era do 11,2.

Os problemas de índole social son a maior preocupación para o 10,7 por cento, o mesmo porcentaxe que no anterior barómetro, mentres que baixan os relacionados coa educación (8,5 en xullo e 9,1 en xuño).

O Goberno e os partidos preocupan ao 3 por cento, tres décimas menos que en xuño, mentres que as pensións fano ao 2,7 fronte ao 1,8 de xuño.

Aumenta a preocupación polos nacionalismos -o 1,3 por cento fronte ao 1 do anterior barómetro- e baixa pola Monarquía, ao pasar do 0,2 de xuño ao 0,1 de agora.

En canto á situación económica, vena boa o 3,5 da poboación e moi boa o 0,2.

Máis do 51 por cento cre que está igual que hai un ano e o 25,9 di que está peor, mentres que para un 21,5 mellorou a economía.

Un 42,2 por cento considera que dentro dun ano estará igual; un 27,6 pensa que estará mellor e un 14,5, que estará peor, fronte aos datos de xuño cando os preguntados sinalaron que ía estar igual o 39,6 e que melloraría o 28,4, mentres que a porcentaxe dos máis optimistas é o mesmo.

A situación política está regular para o 26,1 da poboación; boa para o 3,6 e moi boa para o 0,2, co que aumenta sobre os datos de xuño, que sinalaban a un 2,6 por cento que a valoraba como moi boa ou boa e o 25,6, regular.

O 55,4 dos enquisados cre que está igual que hai un ano e o 30,3 que está peor, mentres que un 10,5 considera que está mellor.

O 36,7 por cento cre que a situación política non mellorará dentro dun ano, polo que aumenta sete décimas respecto de xuño, en tanto que mellora para o 23,6 (25,8 en xuño) e empeora para o 17,4 por cento, unha décima máis que en xuño. 

Comentarios