Atopan na Mariña escamas de ouro, que ensinarán a achar no Ouro

O vindeiro sábado realizarase un taller de bateo para nenos e adultos en Foz
Búsqueda del oro, este marte, con la técnica del bateo
photo_camera Búsqueda del oro, este marte, con la técnica del bateo

Participantes nun taller de bateo que se celebrará o sábado en Foz, no río Ouro para nenos e adultos, comprobaron que aínda queda metal precioso en minas de San Martiño ou o Masma. Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio, comentaba este martes a prospección previa que realizou xunto ao xeólogo Francisco Canosa -este verán realizou unha interesantísima labor de guía polas Xeorutas de Burela-, a varios lugares con depósitos antigos.

"Estivemos onte mirando por Foz varias minas, buscando terras con ouro. Unha das que visitamos foi a Furada da Serpe, moi preto de San Martiño, unha antiga mina de estano, moi interesante", dixo Miranda. "Tamén estivemos lavando algo de ouro na desembocadura dun río entre Barreiros e Foz, onde Canosa conseguiu sacar algunha minúscula escamiña", engadiu.

Comentarios