Asturias pecha a súa conexión por autovía con Galicia tras dúas décadas de obras

Varias autoridades, en el tramo abierto al tráfico (Foto: J.L. CEREIJIDO)
photo_camera Varias autoridades, en el tramo abierto al tráfico (Foto: J.L. CEREIJIDO)

Asturias pechou este luns a súa conexión por autovía con Galicia tras a posta en servizo do tramo Otur-Villapedre da autovía do Cantábrico (A-8), un trazado de 9,3 quilómetros no que se investiron 76,2 millóns de euros. O tramo foi inaugurado nun acto que reuniu á ministra de Fomento, Ana Pastor, e ao presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández.

Durante os actos, a ministra reiterou o compromiso do ministerio de terminar esta autovía na súa totalidade no 2014. Entre os tramos pendentes quedan dous na zona de Mondoñedo, en Lugo, que Pastor anunciou que se inaugurarán en xaneiro. Varios problemas técnicos atrasaron esta obra, cuxa inauguración, segundo fontes do ministerio, pretendíase inicialmente facer coincidir coa do tramo de Otur a Vilapedre.

Pastor engadiu que ao longo do ano inaugurarase o tramo Pendueles-Unquera, que conecta Asturias co límite de Cantabria. Unha parte inaugurarase no verán e o resto, a finais de 2014. Será o último tramo de toda esta autovía, que une a fronteira francesa coa A-6, en Baamonde (no municipio lucense de Begonte).

Javier Fernández cualificou o tramo aberto este luns como unha infraestrutura "troncal e básica" para a rexión.

Este treito de autovía discorre en variante de trazado cara ao sur da antiga estrada N-634, evitando as travesías das poboacións de Otur e Villapedre. Existen dúas enlaces, un en cada extremo do tramo, o de Vistalegre e o de Polavieja.

Comentarios