Así será a camiseta de España en Rusia 2018

Os novos equipamentos rememoran o deseño das utilizadas en Estados Unidos 1994, coas tres bandas da marca sobre o ombreiro
Morata, con la camiseta de España para el Mundial de Rusia
photo_camera Morata, con la camiseta de España para el Mundial de Rusia

A camiseta que utilizará a selección española no Mundial de Rusia 2018, presentada este luns pola marca Adidas, rememora o deseño empregado no de Estados Unidos'94.

A empresa xermana, que anunciou os equipamentos de España, Alemaña, Rusia, Xapón, Colombia, Arxentina e México, decidiu que estas se inspiren en "deseños de equipamentos do pasado pero traídas ao século XXI con innovación e ferramentas progresivas".



Para o Mundial de Rusia do próximo ano, a Vermella usará unha camiseta inspirada no Mundial estadounidense, aínda que presenta un deseño gráfico algo diferente que consiste en diamantes de cor vermella, amarelo e azul, que "representan a velocidade, a enerxía e o estilo do fútbol que se asocia co combinado nacional español". Volven aparecer as tres bandas da marca sobre o ombreiro, o pantalón é de cor azul petróleo e as medias, negras.

Comentarios