Ares Teixidó atalla os rumores: "É mentira"

A presentadora de Telemadrid nega que comezara unha relación con David Bustamante, como publicou Lecturas
Ares Teixidó
photo_camera Ares Teixidó

Ares Teixidó non tardou nin 24 horas en desmentir os rumores que a relacionaban con David Bustamante. "É mentira", declarou a presentadora de Telemadrid á revista ¡Hola!.

Desmente así a información publicada por Lecturas este mércores na que se aseguraba que Teixidó e Bustamante comezaran unha relación. A revista publicou unhas fotos nas que se vía á colaboradora de televisión saíndo da urbanización á que se mudou o cantante.

Bustamante tamén negou a suposta relación con Teixidó. Segundo recolle ABC, o cantante asegurou que non vive con ninguén nin ten "relación ningunha". "A Ares coñézoa dun día da presentación de Telemadrid", declarou.



Comentarios