Arden no espazo de media hora dous depósitos de plásticos agrícolas en Lugo

Dous puntos de almacenaxe de plásticos agrícolas arderon na madrugada deste mércores na zona rural de Lugo, segundo informou a Policía Local.

Ao redor das 0.15, a Policía foi informada polo 112 dun incendio no punto de almacenaxe de Coeses. ás 0.40, recibiuse outro aviso, neste caso referido ao depósito de Abol, na parroquia de San Xoán do Campo.

Nos dous casos acudiron ao lugar patrullas da Policía Local e os bombeiros, que evitaron que o lume alcanzase os terreos próximos.

Fontes dos bombeiros confirmaron pola tarde que ambos os incendios foron provocados. Nos traballos de extinción tamén colaboraron efectivos das brigadas contraincendios da Xunta de Galicia.

Comentarios