Arde un alpendre con herba seca na parroquia palense de Marzá

O lume arrasou o xoves a última hora da tarde un alpendre con herba seca no lugar de Grisulfe, na parroquia palense de Marzá. No interior do alpendre tamén había animais, pero foron sacados a tempo.

O servizo de urxencias 112 recibiu unha chamada ás 20.05 horas alertando do incendio e mobilizou a todos os servizos, aínda que finalmente foi o Grumir de Monterroso o que apagou as chamas.

Comentarios