Arde material de reciclaxe no recinto dunha nave industrial en Begonte

As chamas calcinaron un colector, unha neveira e plásticos

Un incendio declarado no exterior dunha nave no polígono industrial de Begonte provocou que ardese diverso material de reciclaxe. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, as chamas calcinaron un colector, unha neveira e plásticos.

Foi un particular quen alertou do lume ao redor das 16.15 horas e deseguido se mobilizaron os bombeiros de Vilalba, o GES de Guitiriz e a Garda Civil. Unha vez no lugar, os servizos de urxencias sufocaron o incendio e arrefriaron a zona. A súa actuación deuse por finalizada ao redor das 17.00 horas.

Comentarios