Ara Malikian encheu a casa da cultura de Burela

La actuación (Foto: EPL)
photo_camera La actuación (Foto: EPL)

O músico libanés Ara Malikian conseguiu o cheo total este mércores en Burela co seu concerto 'Colores'.

O artista estivo pola tarde cos máis pequenos da localidade nunha master class na que intenta "espertar o amor á música que eu teño, e así, lograr que eles sentan afortunados de poder sentir a música tan de cerca como eu o fago", indicou.

En 'Colores' os asistentes puideron participar nunha viaxe musical inspirado na senda dos zíngaros a través de toda Europa, desde a India ata España, onde xorde o flamenco. O libanés trata de involucrar ao público o máximo posible nas súas actuacións para conseguir "que todos o pasemos ben, é un intercambio entre ambos", asegurou.

Comentarios