Aprobada por unanimidade a denominación de rúas do barrio de Xunqueira

A corporación aprobou por unanimidade a proposta para nomear as rúas do barrio vivariense de Xunqueira, exposta polo BNG, que levou ao pleno a petición da asociación de veciños de Valdeflores. O popular Antonio Bouza dixo que os veciños merecen ver cumprido o seu desexo tras catro anos de espera, aínda que lle gustaría que o tema fose a comisión informativa.

O alcalde, Melchor Roel, subliñou que o goberno local preocupouse de acondicionar o barrio e preguntouse se o topónimo de Xunqueira déixase só para unha pequena rúa, pois corre o perigo de desaparecer, á parte de tratarse dun barrio singular. O independente Guillermo Leal advertiu que o cambio leva un prexuízo administrativo para os veciños, que deberán modificar a dirección en Facenda ou Tráfico. Roel apuntou que se fará un período de exposición para alegacións.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios