jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Aprendizaxe de linguas en casa

Andrew Johnson y Judit Benitez señalan sus localidades de origen (Foto: José Mª Álvez)
Andrew Johnson y Judit Benitez señalan sus localidades de origen (Foto: José Mª Álvez)

O instituto Vilar Ponte de Viveiro acolle durante este curso a un par de lectores de inglés e francés dentro do proxecto interdisciplinar solicitado polo centro e coordinado polos profesores Pilar Martín Fernández, Jaime Oroza e Carmen Fernández Iglesias. Os mozos Andrew Johnson (Estados Unidos) e Judit Benítez Wong (Canadá) reforzan con esta experiencia os seus coñecementos do idioma español á vez que complementan a formación dos mozos vivarienses.

Judit accedeu ao programa tras terminar os seus estudos de hispánicas en Montreal, mentres que Andrew, que traballou como titor en clases para estranxeiros no seu país, apuntouse ao proxecto porque un curmán seu participou na iniciativa noutra comunidade autónoma. O mozo sinala que as clases no Vilar Ponte son diferentes, porque «os hispanos de USA necesitaban aprender, mentres aquí é máis divertido, xa que ao ser novos é máis animado».

Consiga AQUÍ a información completa

Aprendizaxe de linguas en casa
comentarios