''Antes poñiámoslle peito á voz e iamos para adiante''

JOSÉ BATÁN, O Moscarilla, naceu hai 79 anos na parroquia monterrosina dos Ferreiros, aínda que a práctica totalidade da súa vida transcorreu na aldea de Olveda (Antas de Ulla), onde se trasladou a vivir de pequeno cos seus pais e dez irmáns.

O seu interese pola música empezou moi pronto e con só sete anos asistía xa a clases da banda de música de Antas, para cursar solfexo e fiscorno.

José recorda que a viaxe a Antas a realizaba cun mozo que xa tocaba na banda e que era coñecido como O Caixa de Verín. Tamén quedaba a durmir con Jesús Frías, «porque a súa casa quedaba máis preto de Antas», nacendo así unha amizade que aínda perdura na actualidade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios