Os animalistas recorrerán á Valedora para paralizar as batidas de xabarís con arco

Recordan que os precedentes de Cambre e Fene saldáronse "con cero capturas"

Jabalíes en el parque del recinto ferial de Lugo. EP
photo_camera Xabarís no parque do recinto feiral de Lugo. EP

As asociacións pola defensa dos animais Libera! e Fundación Franz Weber solicitarán á Valedora do Pobo que paralice as batidas de xabarís con arco en Lugo anunciadas este martes polo delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro. As organizacións cualificaron a medida de ocorrencia "de bar, paracietífica e inxustificada".

Os animalistas, que aseguran levar meses "expondo diversas solucións non letais para previr a presenza de fauna silvestre en espazos urbanos, así como evitar danos en cultivos", recordan que en 2016 desenvolveuse idéntica experiencia no municipio coruñés de Cambre, autorizando batidas que se saldaron "con cero capturas". "Tampouco en Fene, en 2014, resultou algún con esta mesma práctica", engaden.

Para estes colectivos existen "suficientes" alternativas como para permitir cacerías en lugares onde calquera veciño de Lugo pode pasear, advertindo non só do "perigo" para a cidadanía, senón tamén da "crueldade dunha modalidade de caza que chega a causar un terrible sufrimento aos animais alcanzados polas frechas". 

Neste sentido, Libera! e Fundación Franz Weber lamentan que a Xunta "outorgue autorizacións a aprendices de Rambo" para matar animais en plena cidade mentres "ignora as políticas públicas existentes en estados verdadeiramente avanzados" en materia de benestar animal.

Comentarios