Ángel de la Cruz estrea a película 'Todos os Santos' o venres na TVG

Ángel de la Cruz, Chema Gagino e, ao fondo, Álvaro Santos. (Foto: Laura Villar)
photo_camera Ángel de la Cruz, Chema Gagino e, ao fondo, Álvaro Santos. (Foto: Laura Villar)

O cineasta coruñés Ángel de la Cruz anunciou onte en Lugo que a película ‘Todos os Santos’ se estreará na tarde do venres na Televisión de Galicia. De la Cruz é produtor, director artístico e mesmo actor desta longametraxe, que presentou onte en Lugo ao alumnos da Escola de Imaxe e Son agradecendo a colaboración dunha trintena deles no proxecto.

O propio lugar escollido para dar a coñecer o filme, o salón de actos do Pazo de San Marcos, foi escenario para a rodaxe coma cinema dos anos 80. O traballo na sede da Deputación desenvolveuse no mes de marzo.

A historia está protagonizada por tres irmáns, fillos dun pai desaparecido. Logo da morte da nai no día primeiro de novembro, o día de Todos os Santos, acordan reunirse cada ano nesa mesma data no seu pazo de Lugo. Nos tres anos vindeiros cada un dos irmáns revela unha parte dun segredo familiar que afectará aos outros dous.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios