Un ameneiro no patio da escola

A Deputación de Lugo e os distintos centros educativos da comarca chairega, Meira e Pol uniron forzas un ano máis para conmemorar a sexta Semana da Árbore e da Auga

Armados con sachos e regadeiras, os escolares chairegos festexaron un ano máis o día da árbore plantando polo menos unha nos patios dos seus respectivos colexios (ou no parque, coma os de Meira). A iniciativa partía fai seis anos da Deputación de Lugo e foi gañando adeptos, ata sumar este ano máis dun cento de colexios, entre eles todos os da Terra Chá, Meira e Pol. 

Desta vez, as condicións metereolóxicas adversas dificultaron as plantacións a árbore elexida, un ameneiro, polo que se foron espallando e non concluíron ata o venres. Ademais, en todos os centros recibiron os contos 'Eva, o trasno e o ameneiro' e 'Salven os ameneiros!'.

Comentarios