Alumnos de autoescolas quéixanse do mal estado da aula de exames

Zona del centro municipal, en la que recientemente cayó parte del falso techo. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Zona del centro municipal, en la que recientemente cayó parte del falso techo. (Foto: Toño Parga)

A falta de mantemento no observatorio municipal de emprego, situado na zona das Lamas e onde se celebran os exames do carné de conducir, é a principal queixa exposta por alumnos e persoas relacionadas coas autoescolas para reclamar ao Concello unha urxente intervención. Os afectados aseguran que sofren «malestar» durante as probas teóricas e temen que o servizo sexa suprimido e trasladado á capital da provincia», segundo indicaron.

«A existencia de filtracións de auga polo teito provocan varias pingueiras e incluso recentemente deron lugar ao esborralle duns ferros de escaiola. Se ocorrese durante unha proba, máis dunha persoa seguro que non se libraba de lesións», explicou un antigo alumno dunha autoescola monfortina.

A asociación di que descoñece as protestas

O malestar entre alumnos e persoal do sector foi exposto á Asociación Provincial de Autoescolas para coñecer se tiña previsto actuar nalgún sentido. Tras comentar o asunto por parte deste medio, unha representante da agrupación recalcou que «non hai ningunha protesta por parte das catro autoescolas existentes en Monforte e que tampouco se coñece ningún malestar desde a Xefatura», en relación aos examinadores. Por iso manifestou a súa «sorpresa ante as críticas».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios