Galicia experimentará este mércores unha nova xornada con situación intermedia entre unha borrasca situada ao suroeste de Irlanda e as altas presións en Azores.
Deste xeito, segundo o prognóstico de Meteogalicia, espéranse ceos con nubes altas en xeral, que non impedirán completamente o paso do sol e ceos nubrados ao noroeste onde, no litoral, non se descarta algunha choiva débil.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que os ventos soprarán do suroeste frouxos con intervalos moderados en terra e con intervalos fortes no litoral da Coruña.

Os termómetros na cidade de Lugo oscilarán entre os 13 e os 25 graos.