Alteracións de ánimo por causas distintas

CONFESO que se me alterou o ánimo cando no televisor vin mans e pés cheos de cortes de ducias de subsaharianos que saltaron o enreixado que separa Marrocos de Melilla, alonxa a desesperación dunha vida miserable da esperanza de mellorar, delimita dous mundos con coitelas nunha rede de seis metros de alto e doce quilómetros de longo. Pero que distintos somos os humanos, porque outros moitos polo visto impresionáronse ao ver chorar a Ronaldo cando recibiu un premio que levaba reclamando con altanería e prepotencia durante catro anos, turbáronse ao comprobar que a un señor que cobra trinta millóns de euros ao ano entre soldo e publicidade lle caían bágoas quizais de rabia contida porque por fin vía o resultado dourado dunha intensa campaña mediática por todo o mundo. Son reaccións iguais a diferentes emocións, pero sobre iso non se manda e reflicte como é cada un.

Comentarios