Ao redor de 800 empresas intégranse na nova web turística da Diputacíon

Manuel Pan y Antonio Veiga, en la presentación de LugoTerra. Pepe Tejero
photo_camera Manuel Pan y Antonio Veiga, en la presentación de LugoTerra. Pepe Tejero

A Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a área de turismo puxeron en funcionamento unha páxina web, LugoTerra, que pretende utilizar como espazo virtual de promoción do potencial turístico da provincia a través de internet. A plataforma turística -que foi presentada onte polo vicepresidente primeiro da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, e un dos autores do proxecto, Manuel Pan- dispón dun directorio no que xa hai 800 empresas.

Na presentación desta nova páxina web, Veiga explicou que a Deputación de Lugo pon os medios para «dar visibilidade ó sector turístico privado», aínda que son os «propios profesionais» os que terán que achegar aos potenciais clientes «os seus contidos, as súas ofertas e as súas experiencias», con «paquetes nos que ademais de aloxamentos se integren outras actividades».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios