Alibós recolle o XVI premio Aresa

Asistentes al acto (Foto: NACHO)
photo_camera Asistentes al acto (Foto: NACHO)

O xerente de Alibós Galicia, S.L., Jesús Quintá, foi o encargado de recoller de mans do presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o galardón que converte a esta empresa de Monterroso (Lugo), centrada na comercialización de castañas, na gañadora da XIV edición do Premio Aresa de desenvolvemento rural.

O acto de entrega tivo lugar este venres no auditorio da facultade de Veterinaria de Lugo, presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC),  Juan Casares Long. Estivo acompañado pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Aresa, Alvaro Rodríguez Eiras, e José Mouriño Cuba, en representación do xurado.

O premio, dotado con 10.000 euros, reúne todos os anos ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital.

Entre os asistentes estivo tamén o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e a delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias, entre outros.

Á hora dos discursos, Quintá fixo un repaso polo percorrido desta empresa e pola situación actual do sector. E Rodríguez Eiras, cuxa empresa dá nome ao premio, anticipou que este sufrirá cambios en próximas edicións, de forma que se atenda non só a proxectos que xa son realidade, "senón tamén a aqueles que están sen desenvolver". Como condición fundamental, segundo matizou, manterase a de crear emprego e riqueza para o medio rural.

Comentarios