Alfonso Rueda seguirá á fronte da secretaría xeral do partido

Alfonso Rueda continuará na Secretaría Xeral do PPdeG, segundo confirmaron hoxe fontes próximas ao presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, durante o XV congreso que este grupo celebra en Lugo.

Ademais, na lista que Núñez Feijóo presente mañá para a executiva do partido haberá unha proposta de cambio na organigrama.

Deste xeito, de cinco vicesecretarías xerais que hai na actualidade, pasarase a unha soa.

Unha destas vicesecretarías desempeñaba ata agora tamén a portavocía do partido, que seguirá existindo pero á marxe da única vicesecretaría xeral.

Ademais, o partido incorporará a vinte militantes de base de toda Galicia na Xunta Directiva autonómica, tras unha proposta de Núñez Feijóo.

Así se acordou tras as emendas no relatorio de estatutos do partido, celebrada esta tarde na primeira xornada do congreso do PPdeG.

Neste relatorio tamén quedou integrado que o galeguismo será un "principio inspirador da actuación" do partido.

"Este galeguismo inspírase na concepción que o presidente Fraga tiña, é dicir, un galeguismo cordial, integrador e non excluínte".

Os estatutos tamén recollerán a exención na cota do afiliado por causa de desemprego ou situación de risco social, así como aos menores de 25 anos, sen fonte de ingresos e en función da súa situación económica familiar.

No relatorio relativo a cuestións sociais, o PP avogou por estender os mecanismos de colaboración " intermunicipal" e na relativa á economía, a formación que dirixe Alberto Núñez Feijóo pide á SEPI, principal accionista de Navantia, que intensifique a acción comercial no exterior "para seguir logrando contratos".

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Comentarios