Alertan do perigo que supón para a seguridade viaria repetidas actuacións do vagabundo Julius

A vida do vagabundo alemán Julius, que leva todo o verán na comarca, segue suscitando airadas protestas dos veciños, que reclaman unha solución ao problema que supón a convivencia con esta persoa, polo forte cheiro que desprende, debido ao seu nulo aseo, pero sobre todo polo temor de que poida pasar algo. «A el ou a alguén», alegan.

As autoridades seguen coas mans atadas, posto que se un xulgado non determina a súa incapacidade, non poden facer nada por impedir o seu medio de vida, aínda que tamén hai que preguntarse se a liberdade dun pode chocar coas elementais normas de convivencia que a maioría respectan e hai persoas, incluso desde dentro das institucións, que alertan de que non é capaz de vivir en sociedade.

Exemplos hai centos, desde que fai as súas necesidades na rúa, ata que dorme en calquera lado, incluso en beirarrúas, chegando a pór o risco a seguridade viaria, posto que non é a primeira vez que Julius optou por facer da estrada o seu colchón, co consecuente perigo para os vehículos que circulan pola vía. «¿E se alguén por esquivalo ten un accidente? ¿é que hai que esperar a que pase algo para actuar?», pregúntanse.

Non é a primeira vez que se intentou selar a súa incapacidade, aínda que sempre superou as probas psicolóxicas ás que foi sometido. A cuestión está, segundo algúns expertos, en que a valoración non debería facerse só en base a un único exame, senón analizando a súa diaria forma de vida, que choca de plano coas elementais normas de convivencia que se esixen ao resto. Tamén é verdade que non é o único ‘sen teito' que vive na comarca, aínda que o seu caso chama máis a atención, polo feito de que se trata dunha persoa nova, pouco máis de trinta anos, e en cuxos trazos aínda se advirte algo da boa presenza que debeu ter de mozo, e que non mendigue.

Non pide esmola

Manexa, pouco ou moito, o seu propio diñeiro, que ao parecer envíalle periodicamente a súa familia desde Alemaña, co que compra víveres, pero moi raras veces alcol, aínda que na maioría dos negocios invítanlle a non pasar para evitar que se mesture co resto da clientela. Sempre paga relixiosamente todo o que compra, aínda que llo entreguen na mesma porta do establecemento.

Iso, unido a que non se viu envolvido en ningún problema, trae en xaque ás autoridades, que xa tiveron que intervir varias veces para retiralo da proximidade de vivendas ou tendas, onde a xente non o quere ver merodear e é que ninguén o quere á beira, pero tampouco se pode facer nada por impedilo, é un cidadán libre, maior de idade, que elixiu, ou se viu obrigado a elixir, esa forma de vida.

A verdade da súa historia segue sendo unha incógnita. Só sábese que chegou á Coruña fai un lustro, a bordo dun barco ao que non regresou, tampouco está claro se por vontade propia se forzado polo abandono dos seus compañeiros. Desde entón, percorreu cargando coas súas pertenzas, e a maioría das veces tapado cunha manta, diversas localidades, curiosamente co mar sempre cerca. Burela e Foz, son onde pasou boa parte dos últimos meses.

Comentarios